|
O Departamento de
Servizos Sociais do Concello de Soutomaior
traballa activamente para mellorar
a
calidade de vida e a participación na
sociedade de todas as persoas e grupos do
municipio. As iniciativas desenvolvidas
inciden especialmente nos cidadáns que
sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.
A atención primaria é a máis achegada aos
cidadáns para buscar respostas ás demandas e
necesidades das persoas.
|

Departamento Servizos Sociais
Concello de Soutomaior
R/ Alexandre Bóveda, 8 36691
Soutomaior Pontevedra Teléfono:
986.705.114
Fax.:986.705.333
Horario de atención ó público:
Solicitar cita previa para este
servizo de 9:30 a 13:30 nos números
de teléfono do Concello
(986.70.51.14- 986.70.51.06) ou
persoalmente nestas dependencia
municipais na oficina da Auxiliar de
Servizos Sociais.
|
Os programas básicos de acción
desenvolvidos polos Servizos Sociais do
Concello son:
|
1.- |
Programa de
Orientación, Asesoramento e
Información |
| |
Ten por obxecto informar á cidadanía sobre
os distintos dereitos e recursos en materia
de servizos sociais, así como orientar e
asesorar ás persoas e grupos afectados por
problemáticas específicas, diagnosticar a
situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.Para ampliar información sobre o programa
pinche
aquí.
|
|
2.- |
Programa de Axuda no Fogar |
| |
O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a
poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou
discapacidades que lles limiten a súa
autonomía persoal e a súa capacidade de
relación social, e que teñan dificultades
para procurar o seu benestar físico, social
e psicolóxico. A estas persoas préstanselles
unha serie de atencións e coidados de
carácter persoal, psicosocial e educativo,
doméstico e técnico e proporciónaselles a
posibilidade de continuar no seu contorno
natural, mentres isto sexa posible e
conveniente.O devandito
programa está regulado pola Ordenanza
Municipal do Concello de Soutomaior de
Servizo de Axuda no Fogar. Este servizo
pódese complementar co programa de
teleasistencia domiciliaria.
Para ampliar información sobre o programa
pinche aquí.
|
|
3.- |
Programa de Emerxencia Social |
| |
Dende os Servizos Sociais detéctanse
situacións de urxencia debido
fundamentalmente as novas realidades sociais
(inmigración, desemprego de larga
duración…) que requieren ser abordadas de
xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente
situacións de escaseza de medios económicos
que dificultan o normal desenvolvemento das
persoas ou familias. Con este programa
preténdese paliar e se é posible, correxir
estes déficits.Para ampliar información sobre o programa
pinche
aquí.
|
|
4.- |
Programa
de Animación, Prevención e
Cooperación Social |
| |
Este programa quere potenciar a
participación de persoas e grupos na vida
comunitaria fomentando a iniciativa social,
a solidariedade, o asociacionismo e o
voluntariado, así como favorecer a toma de
conciencia dos cidadáns sobre os seus
problemas e instrumentar os mecanismos que fagan posible a participación destes na
busca de solucións e na xestión dos
servizos e/ou actividades que se demande.
Para ampliar información sobre o programa
pinche
aquí.
|
|
5.- |
Programa de convivencia alternativa |
| |
Ten por obxecto a oferta dun aloxamento
provisional a aquelas persoas en situación
de emerxencia persoal ou familiar cando non
sexa posible a permanencia no propio fogar
ou este non exista.
Para ampliar información sobre o programa
pinche
aquí.
|
|
6.- |
Programa de Educación Familiar |
| |
O programa de educación familiar intervén en
tres sectores moi importantes. A familia e a
escola, os adolescentes e a muller. Trata de
paliar nas familias as deficiencias
presentadas e promover hábitos. Así mesmo,
procura a prevención de futuras dificultades
e a integración social dos seus membros a
nivel profesional, escolar, etc.
|
subir
|