|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| EMPRESAS Insertar Oferta de Emprego Contactar con Demandas Ver Demandas de Emprego |
DEMANDANTES |
Técnicas de búsqueda de emprego
Ademais do Servizo Público de Emprego existen outras alternativas para buscar emprego, empregando algunhas das seguintes técnicas:
1- Candidatura espontánea
2- Curriculum vitae
3- Carta de presentación
4- Entrevista
Para ampliar información en PDF pulse aquí
QUE É O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO?
Breve reseña
O Servicio Público Galego de Emprego é o resultado da asunción pola Xunta de Galicia das competencias do INEM relativas ás políticas activas de emprego xunto coas accións que a Xunta desenvolvía nesta materia, en particular o SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN.
O modelo previsto é capaz de garantir as funcións do Servizo Público de Emprego do Estado (SEPE) sobre o territorio galego, con maiores niveis de calidade na atención aos/ás usuarios/as e da eficacia na xestión dos seus programas.
Ademais, a súa implantación territorial incrementa a súa capacidade operativa ó integrar as súas oficinas de emprego transferidas cos centros asociados que xa tiña o Servizo Galego de Colocación, respondendo así ao reto de achegar os servizos aos cidadáns e de mellorar a eficacia das políticas activas con atención aos mercados locais de emprego. Todo isto, sen prexuízo do mantemento da unidade do mercado laboral no nivel estatal e europeo, grazas á integración e compatibilidade do seu servizo informático co SEPE e o EURES respectivamente.
En Galicia optouse, unha vez que tivera eficacia o traspaso das funcións do INEM á Xunta de Galicia, por adscribir todas as competencias do Servizo Público de Emprego á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, estructurándose ó redor de dúas direccións xerais:
• Dirección Xeral de Formación e Colocación
• Dirección Xeral de Fomento do Emprego
Deste xeito, a natureza xurídica do Servizo Público de Emprego en Galicia non é outra que a da propia Xunta de Galicia. Refórzase así o seu carácter público e a coordinación co resto das políticas conexas.
Por outra banda, atendendo ao principio de descentralización e territorialización das políticas activas de emprego, a xestión apóiase nas catro delegacións provinciais da Consellería e nas 51 oficinas de emprego transferidas, así como nos Centros Asociados (213) existentes.
O Servizo Público de Emprego é de carácter gratuíto e público. As súas funcións son:
• Intermediación entre a oferta e a demanda.
• Accións de Orientación Laboral.
• Programas de Asesoramento para o autoemprego.
• Observatorio ocupacional e realización de estatísticas.
INTERMEDIACIÓN LABORAL
O Servizo Galego de Colocación, como parte do Servizo Público de Emprego, intermedia no mercado laboral, interrelacionando oferta e demanda de emprego, con eficacia, transparencia e rapidez. Trátase de mellorar o funcionamento do mercado laboral galego e facilitar a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego.
O sistema baséase na complementariedade da rede pública de oficinas de emprego e dos centros asociados para mellora-la atención aos/ás demandantes e ofertantes de emprego. O modelo de intermediación entre ofertas e demandas de emprego baséase na atención personalizada, evitando as colas, mediante un sistema de cita previa telefónica e os caixeiros de servizos, e na especialización do centro, que atende aos/ás usuarios/as só en certas familias profesionais ou sectores productivos, normalmente vinculados á formación que realizan. Así mesmo, o Servizo Galego de colocación introduce a posibilidade de telematizar a procura de candidatos/as por parte das empresas, mediante a posibilidade de facer unha pre - oferta de traballo a través de INTERNET e de recibir currículosdos/as candidatos/as por fax. Por outra banda, o emparellamento informatizado do S.G.C. permite garantir que o/a candidato/a enviado á empresa axústase exactamente ó perfil solicitado, sen ter en conta outro obxectivo que o de gañar credibilidade para recibir máis ofertas de emprego e darlle novas oportunidades aos/ás desempregados/as inscritos/as.
Son entidades colaboradoras as oficinas propias de emprego e a rede de centros que colabora coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
As funcións destas entidades son:
• Informar
• Tratar as demandas de emprego.
• Captar e tratar as ofertas de emprego.
• Apoiar á intermediación entre a oferta e a demanda.
Si es demandante de emprego poderás achegarte á oficina de emprego do teu lugar de residencia ou chamar ao teléfono:
• 902.125.000
Si es ofertante de emprego poderás introducir a túa oferta contactando coa oficina de emprego ou centro asociado do S.G.C. ou chamar ao teléfono:
• 902.262.902
Tamén poderás resolver calquera dúbida consultando a páxina web:
• www.xunta.es
ORIENTACIÓN LABORAL
¿Que é o que se pretende?
• Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional axudándoos/as a mellorar a súa empregabilidade.
• Actualizar e activar o currículo vital de cada demandante.
• Optimizar a oferta formativa existente.
• Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.
• Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer aos/ás usuarios/as o seu nivel de cualificación e potencial laboral.
¿Como?
A través de accións como:
• Entrevista en profundidade.
• Itinerario de inserción laboral.
• Información profesional.
• Busca activa de emprego.
¿Onde?
Este servizo préstase nas Oficinas de Emprego da Consellería e en entidades que colaboran coa mesma.
Tamén podes facelo na OMIX, no Servizo de Orientación Laboral
(Tel. 986 700 822 )
ASESORAMENTO PARA O AUTOEMPREGO
¿Qué é o que se pretende?
Preténdese:
• Contribuír ao desenvolvemento local mediante asesoramento a empresas e detectando as necesidades do mercado.
• Impulsar e coordina-lo fomento do autoemprego con distintas administracións e axentes económicos.
• Xerar unha oferta de servizos para o autoemprego.
• Crear unha cultura emprendedora.
¿Cómo?
A través de:
• Un asesoramento personalizado a aqueles que teñen unha idea concreta do negocio.
• Realízase un estudio de viabilidade do seu proxecto, as xestións iniciais e a formación empresarial necesaria para poñer en marcha o seu proxecto.
¿Sobre que se asesora?
Sobre temas como:
• O perfil do autoemprego
• A idea de negocio.
• O plan de empresa.
• As formas xurídicas de empresa.
• Os trámites de constitución dunha empresa.
Tamén podes obter información nos seguintes enderezos:
Consellería de TRABALLO
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15771 Santiago de Compostela
981 544864
Instituto Galego de Promoción Económica (I.G.A.P.E.)
Complexo Administrativo Barrio San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela ( A Coruña)
Oficina de Vigo:
Edif. Adm. Xunta de Galicia R/ Concepción Areal, 8, nº 4 planta
36201 Vigo
986 817366 Fax: 986 817361 e-mail: vigo@igape.es
Oficina de Pontevedra:
R/ Michelena, 30
36001 Pontevedra
986 805305 Fax: 986 805308
Pero, se o que queres é recibir un asesoramento específico, entón diríxete á Rede de Técnicos /as de Emprego Local
Técnicos Locais de Emprego da zona :
1. Concello de Pontevedra.
R/ Santa Clara, nº 4
Teléfono: 986 848 552
2. Concello de Vilaboa.
Tourao, nº 1 3
Teléfono: 986 708215
Fax: 986 708 387
3. Concello de Pontecaldelas.
Avda. de Galicia, nº 17
Teléfono: 986 700 013
4. Concello de Vigo.
Praza do Rei, s/n 36202
Teléfono: 986 810 100
5. Concello de Soutomaior
R/ Alexandre Bóveda, 8 - 36691
Teléfono: 986 705106
aedl@soutomaior.com
ESTRUCTURA TERRITORIAL DO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN
Distribución xeográfica
Área Funcional |
Rede de Orientación Laboral |
VIGO |
Nº Oficinas de Emprego: 7 |
Ámbito territorial |
|
|
Oficinas de Emprego de Pontevedra |
|||
Oficina de emprego Vigo-López Mora |
Oficina de emprego Vigo-Sanjudo Badía |
Oficina de emprego A Cañiza |
Oficina de emprego Vigo-Coia |
Oficina de emprego Baiona |
Oficina de emprego Caldas de Reis |
Oficina de emprego Cangas Rúa Fomento, s/n |
Oficina de emprego Lalín |
Oficina de emprego de 0 Porriño |
Oficina de emprego Pontevedra |
Oficina de emprego Tui |
Oficina de emprego Vigo-Calvario |
Oficina de emprego Redondela |
Oficina de emprego Vilagarcía de Arousa |
Oficina de emprego A Estrada |
Oficina de emprego Cambados |
Oficina de emprego Ponteareas |
|
|
|
Informa sobre: oposicións e emprego público. Dispón de ampla información actualizada a diario sobre centros de formación, temarios para opositores/as e as últimas oposicións, concursos e ofertas de emprego público publicadas nos boletíns oficiais das 17 comunidades autónomas, Boletín Oficial do Estado e Diario Oficial da Unión Europea. |
|
Portal de contactos de traballo e emprego en España, con Contactos de traballo, podes incluir o teu CV e búsquedas de traballo según o teu perfil, sector e ubicación xeográfica. |
|
É un buscador de ofertas de emprego, bolsas de emprego en internet. Busca de todo tipo de páxinas relativas ó emprego( de traballo, bolsa de traballo, en traballo, emprego, traballo...) presentando un acceso directo as mesmas. |
|
Información sobre ofertas de emprego semanais, públicas, privadas e de traballo temporal. |
|
Portal do emprego da Xunta de Galicia. Pódese distinguir: |
|
Portal galego do emprego. Permite rexistrarse e introducir o curriculo, ademais existe unha sección de autoemprego con información útil, asesoría, franquicias e outras melloras profesionais con cursos e becas, axudas... |
|
Servizos públicos de emprego que ofrecen multitude de posibilidades; encontro entre empregadores/as e traballadores/as que buscan emprego, mellorar a ocupabilidade dos traballadores/as e incrementar a experiencia profesional no emprego. protección por desemprego, talleres de emprego... |
|
Portal de emprego en Galicia. Podemos atopar información das empresas. E tamén a posibilidade de introducir o curriculum. |
|
Buscador de emprego con distintos enlaces: buscar emprego, ofertas de emprego , oferta de empregos, emprego en cruceiros, hoteis... |
|
Ofertas de emprego, curriculos, noticias, guías e artigos laborais e foros de debate. |
|
Ofertas de emprego en todos os países de fala hispana. As empresas poden publicar ofertas de traballo gratis e os candidatos suscribirse gratuitamente tamén. |
|
Banco de curriculums e ofertas de emprego. Envío ó móvil e ó correo electrónico personalizado. Sección de noticias e centro de recursos... |
|
Rexistro de curriculums para ser enviados a diferentes bolsas de traballo(jobpilot, stepstone, oficina de emprego...) Presenta unha páxina de convocatorias de emprego público. |
|
Lugar de encontro entre empresas e quenes buscan emprego. Pódese introducir o curriculum e ofrecen distintos servizos (que me busquen, ofertas e-mail). |
|
Proporciona a posibilidade de introducir o currículo elixindo o perfil que máis se axusta a cada un. Axuda á hora de elaborar o currículo e planificar a busca de emprego. Pódense levar a cabo buscas de ofertas para enviar o currículo. Orienta sobre como elaborar un plan de traballo. Enlace con outros buscadores. |
|
Ofertas de emprego e bolsas de traballo en España Ofrece unha búsqueda noutros motores ou sitios de emprego para entregar amplos resultados. |
|
Ofertas e demandas de emprego,noticias do mundo laboral e consellos prácticos para a busca de emprego. |
|
Espacio da rede Araña adicado ó emprego. Proporciona información actualizada sobre a búsqueda de emprego, inserción sociolaboral, intervención con traballadores/as desempregados/as... |
|
Servizo de emprego gratuito.Os candidatos poden insertar o seu curriculo e facer búsquedas personalizadas de ofertas de emprego. É unha bolsa de traballo. |
|
Búsqueda de ofertas de emprego, oposicións e becas en España. Recibe gratis por e-mail os traballos de forma automática. Manuais de como facer o teu curriculo e rexistrarse gratis. Posibilidade de publicar cursos de formación. |
|
Plataforma de búsqueda de emprego e candidatos onde poderás insertar o curriculum e visualizar ofertas laborais que teñan. |
|
Bolsa de traballo. Realiza unha presentación por categorías(espectáculos,comerciais, hostalería e turismo, directivos, informáticos e autónomos). |